| | | | | | |  | GABRIEL NÚÑEZ ANAYA, S.L.U.P.
Rúa Cidade de Vigo Nº8, 1ºB 27002 Lugo Tfno.: 982 240 470 Mail:ganua_3F48-3@ iservicesmail.com | | | | | | |
| | | | | | Gabriel Núñez Anaya S.L.U.P. é unha asesoría fundada en 1985 e asistida pola experiencia no sector financeiro e da banca do seu titular. Cos anos fomos diversificando os produtos que ofrecemos aos nosos clientes e hoxe en día a nosa actividade céntrase nas áreas fiscal e contable, tanto a nivel empresarial como persoal, e na administración de predios. Neste ámbito os nosos clientes son empresas, persoas físicas ou xurídicas, autónomos, particulares e comunidades. Nos nosos servizos pode atopar unha atención personalizada, coa máxima profesionalidade e especialización. Ofrecemos ademais un servizo local, autonómico e nacional grazas ao emprego de medios telemáticos (TIC). Gabriel Núñez Anaya pertence ao Colexio Oficial de Titulados Mercantís e Empresariais (colexiado Nº 285),con capacitación como administrador concursal y experto contable xudicial; e ao Colexio Oficial de Administradores de Predios de Galicia ( colexiadoNº 2/685),podendo actuar como perito xudicial. Veña a visitarnos. Asesoría de empresas: actas, contabilidade, organización, rexistro. Asesoría fiscal: Impostos (sociedades, renda e patrimonio); declaracións tributarias; altas en Facenda: I.A.E, censo, obtención de C.I.F.; confección de libros oficiais, asesoramento fiscal xeral. Administración de predios: confección do orzamento anual; entrega de contas; xestión integral de recibos; preparación convocatoria para Xuntas Xerais; reclamación e seguimiento de impagados; reclamacións á promotora ou construtora, cando a comunidade o solicite; asistencia á Xunta Xeral anual; preparación da acta das Xuntas Ordinaria e Extraordinarias; mantemento do Libro de Actas Oficial; asesoramento das cuestións que precisen. Comunidades de nova creación: convocatoria e Xunta Xeral de Constitución da Comunidade; obtención do C.I.F. da comunidade e dilixencia do libro de actas; Confección de orzamento inicial estimado da comunidade; contratación de empresas de mantemento e suministros; reclamación de todos os defectos e vicios ocultos do predio.
| | | | | |
|