| | | | | | |  | OLK PELUQUEROS Rúa Cantigas e Frores, 6, local 3 27002 Lugo Tfno.: 982 87 12 69 | | | | | | |
| | | | | | OLK é un centro exclusivo de peiteados, beleza e benestar para homes e mulleres. Cunhas instalacións novas e coidadas OLK ofréceche solucións para a túa imaxe de forma personalizada, da man dun equipo profesional e especializado nas técnicas máis novas de peiteado e estética. Entre os servizos para o cabelo pódese gozar de novos tratamentos como a biocauterización, prestixioso servizo de alta tecnoloxía que reconstrúe o cabelo máis castigado deixándoo como novo, a reparación intensa ou o duo express, todo iso co aval de primeiras marcas como Matrix, Wella ou Eugene. Ademais tamén poderás comprar os mellores produtos para poder gozar deles na túa casa. En definitiva, OLK é un salón de beleza con estilo propio, indicado para quen aprecia a perfección, as novidades e a profesionalidade cuns prezos moi competitivos. | | | | | |
|