+Q FITNESS


Rúa da Fraga Nº 6-8, Bajo
27003 Lugo

Tfno.: 982 871 675


 

 
    
      
  Utiliza máquinas hidráulicas que, deseñadas para a anatomía feminina, permiten traballar todos os grupos musculares.   +Q FITNESS é un ximnasio feminino destinado a mulleres de todas as idades.   Este centro deportivo inclúe unha zona con bicicletas elípticas destinadas ao traballo cardiovascular, que permiten reagrupar nun catro exercicios: camiñar, bicicleta, correr e subir escaleiras.    O ximnasio ofrece clases de BATUKA, STEP, PILATES E POWER JUMP (novidade).  
      
   
 

Ademais, o circuito que pode realizarse en +Q FITNESS combina exercicios de tonificación con outros aeróbicos, e utiliza máquinas hidráulicas que, deseñadas para a anatomía feminina, permiten traballar todos os grupos musculares.

Grazas a elas, exercítanse dous músculos, agonista e antagonista, de forma simultanea. o que permite obter resultados na metade de tempo. Nunca gañarás volume corporal.

AAo utilizar estes aparellos, a cantidade de graxa queimada é maior canto máis alta sexa a velocidade de execución. Ademais, o seu uso posibilita que os seus músculos se endurezan e se definan, e que se queime graxa.

Dependendo do día, as máquinas combínanse con steps, ideais para unha recuperación aeróbica realizada entre a utilización de dous aparellos; e con fitball, conseguindo así un traballo de baixo impacto que supón a forma máis divertida de adestrar o ton muscular e de mellorar o equilibrio e a coordinación.

Ademais, o traballo en máquinas tamén pode coordinarse co de abdominales e glúteos en colchonetas; e co de bandas elásticas. E, a maiores, para unha labor de intensidade aeróbica, o ximnasio ofrece clases de BATUKA, STEP, PILATES E POWER JUMP (novidade).

En resumo, +Q FITNESS axuda a adelgazar e ofrece a posibilidade de realizar un seguimiento personalizado de medidas, peso e porcentaxe de graxa corporal. Acudindo só 30 minutos ao día, tres días por semana, poderá conseguir unha figura esvelta e estilizada.

Horario ininterrompido de 9:00 a 22:00. Ti elixes a hora. Nunca chegarás tarde. O circuito e as clases sempre están dirixidas por unha monitora titulada, nunca estarás soa, todos os exercicios son dirixidos e supervisados.