| | | | | | |  | LOS ROPER´S Ronda Fontiñas Nº 63 27002 Lugo Tfno.: 982 24 54 92 | | | | | | |
| | | | | | Un dos mellores sitios para gozar de sabores novos e tamén tradicionais é este bar-restaurante. Nel os paladares máis esixentes poden atopar unha combinación entre a variedade e a gastronomía autóctona ou de tempada como o polbo no San Froilán, o cocido galego entre xaneiro e Semana Santa, ou carnes de caza. Os produtos son escollidos poñendo o acento na calidade galega: carnes dos Ancares, embutidos da Fonsagrada… Los Roper’s posúe un ambiente sinxelo e de calidade, atendido polos seus donos dende o ano 2000 e onde se ofrece menú do día ou á carta, almorzos, pinchos, tapas…e por suposto boa atención e bo prezo. Los Roper’s ofrece tamén menús para grupos e reservas para os seus eventos especiais . Non dubide en consultarlles.
| | | | | |
|