Inicio Novas Leite Pascual afirma que seguirá recollendo leite en Galicia tras o peche da súa planta

Imprimir Correo-e

Leite Pascual afirma que seguirá recollendo leite en Galicia tras o peche da súa planta


Fontes do Grupo Leite Pascual confirmaron este mércores a Europa Press que a firma manterá a recollida de materia prima en Galicia, onde, a pesar de reducir o seu volume de compras desde o pasado verán, segue adquirindo entre 9 e 10 millóns de litros mensuais. "Cifra que non temos intención de baixar polo momento", asegurou a compañía.

A empresa iniciará este venres as negociacións cos representantes dos traballadores para a aplicación dun expediente de regulación de emprego (ERE) de extinción de contrato laboral, que afectará a 225 empregados, dos que 155 corresponden ao conxunto do persoal da súa factoría de Outeiro de Rei (Lugo).

Tras reiterar que mentres non se resolva o ERE a planta seguirá funcionando "como sempre", fontes da empresa insistiron en que non se vai a abandonar a recollida de leite en Galicia". O proceso de tramitación durará preto dun mes, prazo establecido para que as partes estuden a documentación, segundo explicaron fontes sindicais consultadas por Europa Press.

A empresa iniciará este 8 de maio as reunións co comité de empresa da fábrica de Outeiro de Rei para negociar o ERE. Fontes solventes confirmaron a AGN que o proceso de negociación prolongarase "durante semanas ou incluso meses" e, polo menos durante ese tempo, a fábrica continuará funcionando "con relativa normalidade", polo que seguirán entrando "cisternas de leite" e os traballadores cobrarán os seus "salarios a final de mes".

En calquera caso, o sindicato Unións Agrarias (UU.AA) asegurou, polas conversacións que mantivo nas últimas semanas con algúns traballadores da planta lucense, que moitos empregados non tiveron constancia das intencións da empresa ata onte mesmo, cando a dirección de Pascual comunicou a súa intención de aplicar un ERE en Outeiro de Rei e en Aranda de Duero.

Con todo, moitos traballadores xa intuían "que algo estaba a pasar", explicaron fontes do sindicato, porque a empresa deixou de recoller o leite a todos os seus provedores da provincia da Coruña e a moitos de Lugo na última semana do mes de abril.

Ademais, segundo UU.AA, a factoría tiña varios millóns de litros de leite almacenados e estaba a funcionar ao 50% da súa capacidade.

Fontes solventes do grupo tamén aclararon que o ERE de Outeiro de Rei non repercutirá no funcionamento da fábrica de pensos que o holding Núter, no que esta compañía mantén unha participación como socio industrial de referencia, ten no polígono industrial do Ceao, na capital lucense.

Fonte: Agencias (Lugo) /El Progreso

 

Publicidade

Axenda

<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos eventos