Inicio Novas O San Froilán 2008 supuxo uns ingresos para o Concello de Lugo de máis de 610.000 euros

Imprimir Correo-e

O San Froilán 2008 supuxo uns ingresos para o Concello de Lugo de máis de 610.000 euros


O equipo de Goberno esforzarase por manter a calidade das festas na vindeira edición. A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presidiu esta mañá a xuntanza da Comisión de Festas na que se presentaron as contas do San Froilán 2008.

A Concelleira explicou que os gastos totales das festas patronais do ano pasado supuxeron un total de 1.154.125 euros, e uns ingresos de 613.631 euros divididos en:

- 502.031 euros pola cesión do sólo no recinto feiral ás casetas e caldeiros do polbo, das atraccións e dos postos de venda.

- 18.600 dunha subvención aberta a todas as festas de interese turístico galego da Xunta de Galicia

- Subvención da Fundación Caixa Galicia: 67.000 euros

- Subvención de Movistar: 20.000 euros

A Concelleira indicou que o orzamento para o ano 2009 descenderá un pouco, pero non irá en detrimento das actuacións nin dos eventos que se desenvolven dentro do programa de San Froilán. Brugo indicou que "trataremos de rebaixar o mínimo os orzamentos xa que non son soamente un evento lúdico e cultural senón unha oportunidade de negocio para moitos empresarios da cidade, sempre dixemos que para nos non son un gasto senón unha inversión".

Por outra banda a Concelleira explicou que presentou ao membros da Comisión de Festas as bases técnicas e os pliegos administrativos para a instalación das atraccións no recinto feiral, xa que este ano remata o seu contrato para as cesións de terreo. Nestas bases establécense as datas para a montaxe das atraccións que poderán comenzar o 21 de setembro para empezar a funcionar o sábado 26 do mesmo mes. As barracas poderán estar en funcionamento ata o 12 de outubro, incluído.

Ademais, a Concelleira anunciou, como adianto ao programa das festas do ano 2009, que se está a negociar a actuación do grupo Fuxan os Ventos.

Fonte: Concello de Lugo

 

Publicidade

Axenda

<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos eventos