|
|
Esta tarde (08/05/09) comezará a segunda quenda de reunións entre representantes municipais e das asociacións para a organización da festa Arde Lucus. A concelleira socialista Rosana Rielo dixo que participan unhas dez asociacións, tres das cales son de recente creación. Para a próxima semana está prevista unha reunión conxunta, para perfilar a colaboración para o Arde Lucus, coordenar as distintas actividades que promoven cada unha delas e incluílas no programa da festa. Rosana Rielo anunciou igualmente que a mediados de mes abrirase o prazo para que os interesados en participar no campamento romano poidan inscribirse. Arde Lucus é unha festa que experimentou un notable auxe desde a súa primeira edición e é xa unha festa coñecida en España. A edila Rielo apuntou que se traballa co obxectivo de que esta edición sexa mellor aínda que as anteriores. Noutra orde de cousas, é de sinalar que onte comezou o desmonte da exposición que estivo aberta nas últimas semanas nunha carpa na praza do Seminario. Fonte: La Voz de Galicia |






