Inicio Novas Conclúe a impermeabilización de catro portas da Muralla

Imprimir Correo-e

Conclúe a impermeabilización de catro portas da Muralla


Están a piques de comezar os traballos para eliminar o engadido do Círculo que chega ata o monumento. A próxima obra que se executará na Muralla será, moi probablemente, a que suporá eliminar o anexo do Círculo das Artes que se apoia no monumento. Nestes días finalizou a execución, pola empresa Resconsa, das obras de impermeabilización do adarve á altura das portas do Campo Castelo, Santiago, Porta Falsa e Rúa Nova.

Os traballos programados incluíron tamén a instalación de portas e cristais como peche dos ocos nos que houbo transformadores eléctricos en Bispo Aguirre. O orzamento total ascendeu a 231.486 euros.

Na Muralla houbo obras durante as últimas semanas para impermeabilizar o adarve. Estes traballos concluíron, segundo aseguraron onte fontes da empresa construtora á que foran adxudicados, Resconsa. Esta mesma firma ten adxudicadas as obras previstas á altura do Círculo das Artes, para eliminar o engadido deste inmoble que se apoia no monumento, e á vez recuperar o aspecto orixinal da fachada da sede da citada sociedade lucense. Ao parecer, nestes momentos tramítase a acta de replanteo, previa ao comezo dos traballos; todo indica que están a piques de comezar. A mesma empresa foi a encargada de instalar portas, similares ás que hai nos antigos fielatos, nos ocos que hai baixo a porta de Bispo Aguirre, nos que houbo transformadores de Barras Eléctricas .

Agora está por ver cales serán as seguintes obras que sacará a contratación a Administración autonómica, que é a titular do indicado monumento romano.

Fonte: Enrique G. Souto(La Voz de Galicia)

 

Publicidade

Axenda

<<  Febreiro 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
272829    

Próximos eventos