Inicio Novas O Concello de Lugo continúa coa súa decidida aposta polo apoio e dinamización económica da cidade

Imprimir Correo-e

O Concello de Lugo continúa coa súa decidida aposta polo apoio e dinamización económica da cidade


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deron conta das distintas medidas de contención, austeridade e de apoio social que puxo en marcha o Concello de Lugo dentro dun Plan de apoio e dinamización económica da cidade.

O 21 de xullo do pasado ano o Alcalde presentaba un paquete de medidas de apoio a implantar polo goberno local. Foi precursor ao lanzar propostas para a dinamización económica e do emprego desde o ámbito municipal.

Balance das medidas:

1.- Medidas recollidas no Orzamento para 2009.

O goberno local presentou en setembro un proxecto de orzamento austero e adaptado aos tempos de crise. O PP e o BNG negáronse a dar o apoio e a presentar ningunha proposta viable. A proposta que se puxo en marcha inclúe:

 

• Conxelación dos salarios dos políticos, persoal laboral grupo A e directores xerais do Concello de Lugo.

• Aforro no gasto corrente: plan de aforro de gasto en material de oficina, gasto en papel e consumibles de informática, gasto en telefonía móbil e fixa, iluminación ornamental e de viarios. O aforro sitúase arredor dun 30%

• Reducción da partida de gastos diversos nun 15%.

• Aumento das cantidades destinadas a programas sociais: Lugo é a cidade de España que máis porcentaxe do orzamento destina a política social e de emprego: supón o 20%.

Aumenta o orzamento destinado a: axuda no fogar, comida no fogar, emerxencia social, programas de inserción social, comedores escolares, programas de emprego.

2.- Medidas recollidas nas Ordenanzas fiscais de 2009.

O Goberno local presentou un proxecto de ordenanzas fiscais baseado en colaborar coas economías domésticas e diminuir o gasto familiar para que se podera destinar a consumo no comercio de Lugo. Foi aprobado en Pleno co voto en contra do PP.

• As ordenanzas recollen a conxelación dos tributos que paga un maior número de contribuíntes anualmente: IVTM e IBI.

O feito de conxelar estes dous impostos nun tempo en que o IPC rondaba o 5%, que pagan ao redor de 150.000 contribuíntes, por segundo ano consecutivo aforroulles máis de 1.400.000 euros aos lucenses, cartos por tanto que están en circulación na economía lucense. A boa xestión económica fai que esta decisión non supoña unha merma para as arcas municipais, xa que os ingresos son os mesmos debido ás altas que se producen.

• Continuamos coas bonificacións establecidas en anos anteriores que benefician ás familias: plusvalías, instalación de sistemas para o aproveitamento térmico ou da enerxía solar, accesibilidade en vivendas, etc. Ampliación das bonificacións existentes para levar a cabo obras na zona PEPRI e na zona ARI.

• As bonificacións fiscais benefician ao redor de 1.248 contribuíntes que aforraron 289.416 euros.

• O Resto de taxas (axuda no fogar, escolas infantís, comida no fogar), reducíronse para as familias con menos ingresos e máis cargas.

3.- Para seguir con este ritmo de obras o servizos o Concello ten que manter os ingresos:

As boas decisións e xestión en materia económica proporcionarán máis ingresos ás arcas municipais:

• Implantación da taxa ás operadoras de telefonía móbil: recentemente dictouse sentencia do Tribunal Supremo en favor do Concello de Badalona, co que xa se consolidou xurisprudencia a favor dos Concellos para poder cobrar esta taxa a pesar da oposición das operadoras.

• Renovación do sistema ORA: sen subir nin un euro aos usuarios, o Concello recaudará máis, un 20%.

• Plan de control económico das concesións: Os servizos que prestan as empresas contratadas polo Concello son eficaces e a relación calidade prezo, cada vez máis satisfactoria grazas a este plan de control.

• Mantense a recadación: aumenta a recadación polo aumento dos padróns, máis facilidades de pago, máis información, etc.: O resultado é máis pagos a través de Internet, máis entidades bancarias, 3% máis de domiciliacións.

Máis de 8.000 contribuintes fixeron uso dos novos medios de pago. Esto significa mellorar a recadación. Perséguense os impagos, os lucenses sábeno, están concienciados polo destino que se lles da aos seus cartos e paga máis do 90% en periodo voluntario.

4.- O Concello favorece ás empresas lucenses: Co fin de fomentar o emprego e a creación de empresas en Lugo:

• Bonificación do Imposto de Actividades Económicas (IAE) para as empresas non exentas -son as que facturan máis de 1 millón de euros, e en Lugo superan as 800- que cren postos de traballo indefinidos.

• Outras das propostas do goberno, para beneficiar a creación de pequenas e medianas empresas, foi a conxelación das taxas pola licenza de apertura de establecementos. No primeiro trimestre deste año, o Concello de Lugo tramitou 175 licenzas de apertura de establecementos, más do dobre que no mesmo periodo do ano pasado, cando se rexistraron 80 licencias.

• Conxelación tamén das tarifas do viveiro de empresas municipal, CEI: O interese polo autoemprego como vía de escape á crise maniféstase tamén no incremento de consultas que experimentou o Centro de Empresas e Innovación (CEI), situado en Garabolos.

No que vai de ano, recibíronse 52 solicitudes, case a mitade que en todo 2008, cando houbo 116. 10 empresas están estudando o proceso de instalación no CEI. Demostra a importancia de ter un centro municipal de asesoramento a emprendedores gratuito neste tempos.

• O Concello adquire bens e servizos das empresas lucenses. Hai 10 anos as empresas non querían contratar co Concello de Lugo, debido aos retrasos nos pagos. Con García Díez na Alcaldía eran máis de 204 días, hoxe, a petición expresa do Alcalde ante a situación económica actual, os pagos fanse en arredor de 41 días.

• O Concello da preferencia ás empresas lucenses sempre que a lei o permite: en todos os procedementos que se realizan por invitación, invítase a empresas de Lugo. Confiamos nas empresas de Lugo que crean emprego na nosa cidade, mentres que o PP e o BNG opóñense á contratación de traballos especializados e asistencias técnicas a empresas: 481

• Axudas económicas ao comercio e á hostelería do Plan URBAN: 70 interesados e 16 solicitudes. En fase de resolución.

5.- Mantemento do nivel de investimento real en obra pública

Este era o compromiso do Alcalde en xullo de 2008. Non se mantivo, subiu nun 75%, grazas ao plan Zapatero: máis de16 millóns de euros para Lugo, 79 actuacións.

O que supón máis de 900 contratos de traballo, 225 deles a persoas desempregadas. Non se contan aquí os profesionais (arquitectos e aparelladores, enxeñeiros) e traballos auxiliares (suministros, maquinaria)

Nos vindeiros anos teremos en Lugo 7 novas instalacións públicas municipais:

- Centro Cívico e Casa das Linguas da Piringalla: en construcción

- Escola Infantil da Piringalla: en construcción

- Biblioteca da Piringalla: entregado proxecto, para sacar a licitación a obra

- Centro Cívico de Montirón-Sanfiz: adxudicado, para comezar a obra

- Escola infantil Sanfiz: adxudicado, para comezar a obra

- nova sede da policía e protección civil: para entregar o proxecto

- MIHL: en construción

- Nova piscina en FRIGSA: adxudicado, para comezar a obra

Este nivel de obra pública permitirá paliar os efectos negativos da crise do sector da construción, e manter os postos de traballo directos e indirectos das empresas.

A esto hai que engadir o mantemento do investimento na mellora das rúas da cidade, zonas verdes, pistas rurais, instalacións deportivas e obras menores…

6.- Pacto polo emprego

Lugo foi a primeira cidade de Galicia na que todas as políticas activas de emprego son pactadas coa patronal e sindicatos. O goberno local incrementou o orzamento en programas de inserción laboral, sen custo para os lucenses, xa que se continuará coa captación de fondos europeos que tan bo resultado está a dar.

Tendo en conta que os Concellos non teñen competencias directas en emprego, o de Lugo destaca pola aposta decidida polos programas de emprego nos que os participantes perciben remuneracións, son preto de 500 persoas.

Fuente: Concello de Lugo

 

Publicidade

Axenda

<<  Febreiro 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
272829    

Próximos eventos