Inicio Novas A perda da poboación provincial retárdase algo, segundo os expertos

Imprimir Correo-e

A perda da poboación provincial retárdase algo, segundo os expertos


Presentados os primeiros datos do estudo de campo realizado para o Plan Estratéxico da Deputación. A poboación da provincia de Lugo seguirá descendendo pero se aprecia unha certa retardación nese proceso, segundo consideran os expertos que traballan no Plan Estratéxico Provincial, que está sendo elaborado por iniciativa da Deputación.

Os técnicos afirman que as súas conclusións non son tan pesimistas como as do INE e dalgúns organismos relacionados coa demografía, porque están traballando cos datos máis recentes dispoñibles. De todos os xeitos, existen grandes asimetrías con notables diferenzas entre a costa e os núcleos urbanos, por unha banda, e o resto da provincia, pola outra.

Esta é unha das conclusións da primeira fase do plan, a de recollida de datos. Onte comezou a segunda, que será de participación dado que funcionarán 21 mesas de traballo e serán consultados representantes de todos os sectores porque pretenden que sexa sobre todo moi participativo. Do realizado e dos prazos que faltan falaron en San Marcos o presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro; Alberto Meixide, director do Centro de Investigación de Estudos Financeiros de Caixa Galicia, e Melchor Fernández, director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega).

Segundo confirmou Besteiro, pola mañá houbo unha reunión de portavoces e pola tarde a mesa das mesas. Haberá un comité de dirección, que será o punto de encontro de todos os grupos e colectivos. Nesa primeira mesa, dedicada á demografía, foi presentado por Fernández un estudo pormenorizado de cada concello, que é o primeiro que se fai con ese detalle, o que permite fixar unhas previsións da evolución poboacional ata o 2020.

Con respecto ao mercado laboral, Melchor Fernández asegurou que se trata dunha provincia sen grandes oscilacións económicas. Dixo que o principal problema non é a taxa de desemprego, unha das máis baixas de España, senón outras máis específicas como os baixos salarios, a situación das mulleres ou a dependencia de determinados sectores.

Fonte: B. Lázare / La Voz de Galicia

 

Publicidade

Axenda

<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos eventos