Inicio Novas Os traballadores de Ambulancias Lugo continuarán encerrados na empresa ata que lles paguen

Imprimir Correo-e

Os traballadores de Ambulancias Lugo continuarán encerrados na empresa ata que lles paguen


Traballadores de Ambulancias Lugo comezaron onte un peche indefinido na sede da empresa para protestar pola intención da patronal de despedir a cinco traballadores e polas débedas salariais para con parte do persoal.

Os sindicatos explicaron onte que a protesta continuará «ata que nos paguen ou nos esgotemos».

Para iso están organizando quendas, de maneira que se encerran quen terminaron as súas horas de traballo diario.

Os sindicatos afirman que a empresa aínda non pagou unha paga extraordinaria, parte da nómina de marzo e todo abril. A patronal, en cambio, sostén que se debe nestes momentos a mensualidade de marzo e o 20% de abril». Cualifican de falso que non se pagou unha extraordinaria.

A demora no pago das nóminas é algo que, segundo os sindicatos, non mellorará cos despedimentos. «Ás cinco persoas que teñen previsto despedirnos dixéronnos que nos pagarán os salarios, pero o resto nin sequera sabe se cobrará» explicou onte a delegada sindical Mari Paz Soilán a axencia Efe.

Ambulancias Lugo ten 38 traballadores e, segundo a xerencia da empresa, agora estanse intentando «liquidar os problemas financeiros mediante a entrada de novo capital ou finanzamento de terceiras persoas» para poder «liquidar a totalidade dos salarios», entre outras cousas.

Fonte: La Voz de Galicia

 

Publicidade

Axenda

<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos eventos