Inicio Novas A porcentaxe de mulleres altos cargos da Xunta pasou dun 27% co bipartito a un 37% co novo Goberno

Imprimir Correo-e

A porcentaxe de mulleres altos cargos da Xunta pasou dun 27% co bipartito a un 37% co novo Goberno


Alfonso Rueda destaca que acadar a plena equiparación entre homes e mulleres é "un obxectivo estratéxico de primeira orde". Un informe da Asesoría Xurídica da Xunta conclúe que o Goberno cumpre escrupulosamente a lei en canto á paridade.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, salientou hoxe que o 37 por cento dos altos cargos nomeados ata o momento polo novo Goberno da Xunta son mulleres, un dato que comparou coa etapa anterior, na que as mulleres só representaban o 27 por cento dos altos cargos do Goberno bipartito.

Rueda explicou no Parlamento galego que a igualdade real entre homes e mulleres é un compromiso transversal de goberno, que presidirá a súa acción nos vindeiros anos. "Alcanzar a plena equiparación entre os homes e as mulleres é tamén un obxectivo estratéxico de primeira orde", destacou.

Nese sentido, o conselleiro sinalou que unha das primeiras decisións que se tomaron dende o goberno foi darlle o máximo rango institucional á materia da igualdade entre homes e mulleres, atribuíndo a responsabilidade destas políticas a unha secretaría xeral dependente directamente do presidente, Alberto Núñez Feijóo. Fronte a iso, recordou que na pasada lexislatura había un departamento con competencias en igualdade "en permanente disputa" con outras consellerías.

Ademais, aproveitou para insistir en que o Goberno da Xunta "cumpre escrupulosamente a legalidade", xa que catro dos seus dez membros son mulleres, que representan o 40 por cento que estipula a lei. Para demostralo, Rueda amosou un informe emitido pola Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, que despexa calquera clase de dúbida sobre a cuestión.

O informe conclúe que o carácter semipresidencial do sistema institucional autonómico, a preeminencia do presidente do Consello da Xunta e a existencia dun mecanismo de designación diferenciado con respecto aos restantes membros do mesmo "avalan a exclusión do presidente da Xunta a efectos da aplicación do principio de equilibrio de sexos".
O conselleiro incidiu en que o Goberno "traballará a reo" para incorporar en termos reais a perspectiva de xénero e aplicará medidas eficaces en favor da igualdade entre homes e mulleres; e prometeu un esforzo día a día pola igualdade real, "sen estridencias", tentando facer deste obxectivo un espazo recoñecible para a cidadanía galega.

Entre os eixes da nova política transversal de igualdade, "que deixa de estar só nos papeis", o titular de Presidencia citou as actuacións no campo da formación e emprego, co obxectivo de favorecer un acceso en igualdade de condicións ao traballo remunerado, para acabar coa precariedade laboral feminina e coas desigualdades salariais que aínda se producen.

Así mesmo, referiuse ás actuacións a prol da conciliación e a corresponsabilidade dos homes nas tarefas do fogar, instrumentando medidas como o impulso das escolas infantís, liñas de axuda directa, mesas de concertación horaria ou novos servizos no ámbito educativo.

Nesas liñas mestras tamén avanzou que se traballará para promover unha maior participación das mulleres na vida social, cultural e política galega, así como para avanzar pasos substantivos na erradicación dunha das maiores lacras da nosa sociedade: a violencia de xénero.

Fonte: Xunta de Galicia

 

Publicidade

Axenda

<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos eventos