Inicio Novas O Concello ultima o Observatorio Urbano entre críticas do PP ao pouco uso das novas tecnoloxías

Imprimir Correo-e

O Concello ultima o Observatorio Urbano entre críticas do PP ao pouco uso das novas tecnoloxías


Os populares din que para o PSOE o avance é imprimir na casa os formularios. Coincidencia ou non, os populares pasaron onte por auga o optimismo do goberno local en materia de avances en canto ao uso das novas tecnoloxías.

Mentres as concelleiras socialistas Sonia Méndez e Luisa Zarzuela anunciaban que nos próximos días estará operativo no web municipal o primeiro Observatorio Urbano de Lugo, a popular Cristina Ares aseguraba con ironía que para o goberno municipal «o gran avance e poder imprimir na casa os formularios necesarios para algúns trámites» municipais.
O Observatorio Urbano de Lugo é o primeiro resumo estatístico, por medio de indicadores (sociais, económicos e ambientais), de datos relativos ao municipio de Lugo. Como sinalou Luisa Zarzuela, o observatorio unifica datos que estaban dispersos en distintas bases de datos. Como curiosidade, as citadas edilas sinalaron que as estatísticas poñen de manifesto que a taxa de analfabetismo é menor en Lugo que a media provincial e autonómica. Igualmente, mentres en Galicia a media de uso de Internet é do 33%, no municipio de Lugo alcanza o 44%.
O Observatorio Urbano de Lugo é o froito do traballo de cinco persoas contratadas con cargo á Consellería de Traballo, ata xuño. Trátase dun enxeñeiro técnico forestal, un técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticos, un técnico superior en fotografía artística e dúas auxiliares administrativos. A subvención concedida pola citada consellería ascendeu a 144.700 euros.
Da información, sinalaron Méndez e Zarzuela, poderán beneficiarse todas as persoas que queiran recabar datos sobre Lugo. As áreas das que ofrece información son as seguintes: cultura e lecer; comunicación, transporte e sociedade da información; participación social, medio ambiente, educación e demografía, así como de aspectos sociais e traballo.
A partir de agora, de actualizar o Observatorio ocuparase o departamento de Desenvolvemento Local.
Fonte: E.G.S. / La Voz de Galicia

 

Publicidade

Axenda

<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos eventos