Inicio Novas Reclaman ao Concello que aclare como asigna postos na Policía

Imprimir Correo-e

Reclaman ao Concello que aclare como asigna postos na Policía


Aprazadas as vistas de varios recursos de axentes locais ata que conteste. O Concello terá que confirmar ao xulgado, segundo parece, se realmente fixou unha valoración de méritos para asignar postos aos membros da Policía Local ás distintas divisións e departamentos creados no citado corpo a raíz da súa reestruturación.

Á espera da resposta municipal, onte foi suspendida a vista do recurso presentado por un inspector (sarxento, na anterior denominación) e tamén quedaron aprazadas as doutros dous recursos doutros tantos policías polo mesmo motivo.
Segundo información recabada da parte que presentou o recurso, en defensa das teses do denunciante reclamouse a presentación da valoración de méritos elaborada para a asignación do persoal a postos nas distintas divisións da Policía Local. Sempre segundo a mesma versión, o avogado do Concello veu a recoñecer que non dispoñía do citado documento. En defensa da posición do reclamante, sostense que a Lei de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, no seu artigo 6, establece que para prover postos nos servizos das distintas categorías haberán de terse en conta os principios de mérito, capacidade e antigüidade.
Pola súa banda, o sindicato CSIF difundiu onte un comunicado no que pon de manifesto varias situacións que, ao seu xuízo, demostran falta de organización na Policía Local. Así, sinala que días pasados presentáronse no cuartelillo dous policías nacionais cunha persoa que presuntamente cometera un delito contra a seguridade do tráfico. Sinalaban que, por acordo na Xunta Local de Seguridade, a tramitación debía facela a Policía Local; quen estaban de servizo non coñecían o citado acordo, segundo CSIF.
O sindicato tamén viu mostras de descoordinación na recente proba ciclista que pasou pola cidade. Chámalle a atención que o xefe de servizo, un inspector, cambiase de opinión, segundo asegura, sobre se se debía ou non cortar unha rúa ante a insistencia dos membros da Benemérita. Opina que non había unha adecuada coordinación entre os dous corpos.
Fonte: E.G.S./ La Voz de Galicia

 

Publicidade

Axenda

<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos eventos