Inicio Novas O PSOE pide que se continúe co proxecto do Museo da Romanización

Imprimir Correo-e

O PSOE pide que se continúe co proxecto do Museo da Romanización


A portavoz de Cultura do grupo parlamentario socialista, Concepción Burgo, rexistrou unha proposición no Parlamento galego para instar á Xunta a continuar "co proxecto de construción do Museo da Romanización de Galicia no cuartel de San Fernando, na cidade de Lugo".

Burgo recordou que o novo Goberno galego non terá que empezar de cero, porque o cuartel de San Fernando foi adquirido polo Concello e posteriormente cedido á Consellería de Cultura, que dirixía a nacionalista Anxela Bugallo, para a construción do Museo da Romanización.

De feito, Burgo tamén precisou que a Consellería de Cultura xa se gastou 90.000 euros en realizar as correspondentes escavacións arqueolóxicas no solar do cuartel, paso previo ao comezo das obras. Grazas a eses traballos, dixo a parlamentaria socialista, apareceron "restos romanos moi significativos que poden ser incorporados no futuro ao proxecto expositivo".

Subliñou que a continuación dos traballos destinados á creación do museo "é de extraordinaria importancia", tanto para a cidade de Lugo, "desde o punto de vista cultural e turístico", como para "a defensa e posta en valor do patrimonio en Galicia".

Por outra banda, recordou que o edificio do cuartel necesita dunha "actuación urxente" para evitar que continúe a súa paulatina "degradación".

Fonte: Ramudo / AGN (Lugo) /El Progreso

 

Publicidade

Axenda

<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos eventos