Asociacións de axuda social apoian a proposta do PP para un banco de obxectos domésticos |
Concelleiros do PP reuníronse onte no Gran Hotel con representantes dunha vintena de asociacións de apoio social, para expoñerlles a proposta de Sofía López Linares para crear un servizo de intercambio de material doméstico e ortopédico.
A citada concelleira sinalou que a creación deste servizo non tería custo para o Concello, que só debería coordenar unha base de datos e ceder un almacén.
López Linares cre que tamén poderían intercambiarse pezas como camas articuladas, grúas para mover doentes, etcétera. A mesma representante popular asegurou que esta proposta debaterase na comisión de benestar.
Fonte: La Voz de Galicia |