|
|
As obras empregarán a 43 persoas e suporán melloras nos barrios lucenses. O BOP de 21 de maio de 2009, publica a adxudicación provisional de tres novas actuacións que se levarán a cabo no municipio de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais. As obras que se adxudican de xeito provisional son: -Pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro. Esta obra adxudícase á empresa "Asogal Construcciones" e conta cun investimento de 693.993 euros. Dará traballo a 34 persoas. -Instalación do alumeado público na rúa Primavera e adxacentes, no barrio de Fontiñas. A empresa adxudicataria desta obra, que ten un importe de 231.520 euros e empregará a 5 persoas, é "Equipos de Señalización y Control". -Melloras da instalación eléctrica dos centros escolares públicos de Educación Infantil e Primaria. Esta obra adxudícase á empresa "Rego Montajes Eléctricos y Telecomunicaciones" e conta cun investimento de 100.000 euros. Ocupará a 4 traballadores. As tres actuacións que se veñen de adxudicar de xeito provisional, e que hoxe publica o Boletín Oficial da Provincia, contemplan obras nos diferentes barrios de Lugo, continuando co desexo do Equipo de Goberno de equiparar todas as zonas da cidade, do norte e do sur. Estes proxectos ocuparán a 43 persoas, que traballarán en obra pública municipal ata finais deste ano, data límite para o remate de todas as obras do FEIL. O 92% das obras incluidas na memoria de proxectos do Fondo Estatal de Investimentos Locais están xa adxudicadas de xeito provisional ou definitivo. |






