Inicio Novas O Concello de Lugo acorda dedicar as tres canchas da Casa do deporte ás deportistas do EMEVE falecidas nun accidente

Imprimir Correo-e

O Concello de Lugo acorda dedicar as tres canchas da Casa do deporte ás deportistas do EMEVE falecidas nun accidente


A decisión tomouse co acordo da Corporación e do club de voleibol lucense. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, reuniuse esta mañá cos representantes dos tres grupos políticos e do club de voleibol EMEVE para decidir de forma conxunta a homenaxe que o Concello de Lugo tributará ás desportitas falecidas hai uns días nun tráxico accidente de tráfico.

De forma conxunta e consensuada, o Concello decidiu darlle o nome de cada unha das rapazas -Patricia, Iris e Aída- a cada unha das canchas da Casa do Deporte que de forma habitual emprega este club para os seus adestramentos.

A decisión levarase ao Pleno do 1 de xuño, e a partir dese día cada unha das canchas de adestramento deixará de denominarse numericamente para pasar a lembrar os nomes das deportistas lucenses.

Ademais, tamén se instalará unha placa na entrada do centro deportivo cunha lembranza ao club e os nomes completos das rapazas homenaxeadas: Aída Cela, Iris Arias e Patricia Xavier.

Deste xeito o Concello de Lugo, conxuntamente co club Emevé, quere renderlles unha pequena homenaxe e lembrar, dende un centro deportivo como é a Casa do Deporte, o traballo realizado por este club e estas rapazas.

Fonte: Concello de Lugo

 

Publicidade

Axenda

<<  Febreiro 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
272829    

Próximos eventos