Inicio Novas O orixinal cartel dun artista coruñés anunciará o San Froilán 2009

Imprimir Correo-e

O orixinal cartel dun artista coruñés anunciará o San Froilán 2009


Unha atípica obra de Leonardo López García, un artista da Coruña, anunciará as festas de San Froilán 2009. O seu cartel foi o elixido polo xurado do certame de deseño gráfico das festas maiores de Lugo, que deu a coñecer este xoves (21/05/09) o fallo.

O xurado salientou que "o cartel ten moita calidade, técnica e artisticamente, e presenta outra forma de deseño: a tipografía como base da representación gráfica". Non falta o polbo, como é tradición nos carteis de San Froilán, pero a ilustración ten outros elementos centrais, que rachan co habitual noutras edicións.

O gañador do concurso non só verá o seu cartel por España adiante, xa que se repartirá por todo o país para promocionar estas festas, senón que tamén recibirá un premio económico de 2.000 euros.

No apartado infantil do concurso, a gañadora foi Marina Celada, unha rapaza de 6 anos que baixo o lema A festa captou o espírito da festa entre os máis cativos. A gañadora será premiada cun agasallo adecuado á súa idade e o seu cartel ilustrará o programa infantil dos festexos.

Nesta edición o concurso contou cunha participación moi elevada, máis que ningunha outra, pois se presentaron un total de 97 carteis na edición de adultos e 101 na dos máis cativos. A concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, destacou que "estas cifras demostran que este concurso é todo un éxito, moi asentado e no que participan xa moitas persoas de fóra de Lugo".

O xurado de expertos que elixiu as obras premiadas estivo composto por Manuel Lamas, director da Escola Superior de Deseño Ramón Falcón, o pintor Manuel Carreira, e Cristian Gutiérrez, da empresa de deseño Tatata.

Fonte: El Progreso Digital (Lugo)

 

Publicidade

Axenda

<<  Febreiro 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
272829    

Próximos eventos