Inicio Novas A Xunta amosa a súa satisfacción polo compromiso adquirido polo Goberno central de mediar no ERE de Leite Pascual

Imprimir Correo-e

A Xunta amosa a súa satisfacción polo compromiso adquirido polo Goberno central de mediar no ERE de Leite Pascual


A empresa prevé levar a cabo un expediente de regulación de emprego na súa factoría de Outeiro de Rei, e na de Aranda de Duero (Burgos), polo que a tramitación do mesmo depende do Ministerio de Traballo.

A Xunta de Galicia amosa a súa satisfacción polo compromiso adquirido onte pola vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, de mediar no expediente de regulación de emprego (ERE) de Leite Pascual en Outeiro de Rei para que o Ministerio de Traballo vixíe a súa tramitación.

O Goberno galego valora este anuncio de xeito positivo, dada a preocupante situación na que este expediente deixa a 155 traballadores e as súas familias na planta luguesa. O departamento autonómico xa garantiu que será rigoroso coa tramitación de todos os ERE abertos na nosa comunidade, e por ese motivo, agarda que o Goberno central analice con atención o cumprimento da normativa neste expediente, dado que será o departamento dirixido por Celestino Corbacho quen deberá resolvelo.

A empresa leiteira ten previsto levar a cabo un ERE tanto na súa factoría de Outeiro de Rei, en Lugo, como na de Aranda de Duero (Burgos). O feito de que sexa un expediente que afecta a dúas comunidades autónomas fai que neste caso sexa o Ministerio de Traballo o que ten as competencias na tramitación do expediente, ao que a Consellería de Traballo achegará todos os informes que lle sexan solicitados pola Administración central respecto á planta lucense.

 

 

Publicidade

Axenda

<<  Febreiro 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
272829    

Próximos eventos