Inicio Novas Unha muller sofre "policontusións" tras caer polo oco dun montacargas nunha pastelería de Lugo

Imprimir Correo-e

Unha muller sofre "policontusións" tras caer polo oco dun montacargas nunha pastelería de Lugo


Unha muller resultou hoxe ferida con "policontusións" tras caer polo oco dun montacargas mentres traballaba nunha pastelería de Lugo, segundo informou a Policía Local.

En declaracións a Europa Press, as forzas da orde sinalaron que, en principio, as feridas da muller, de 44 anos de idade, non revisten gravidade. No entanto, M.S.P. foi trasladada nunha ambulancia ao servizo de Urxencias do complexo hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Os feitos tiveron lugar sobre as 12.30 horas nun establecemento comercial dedicado á elaboración de doces situado na zona de Montero Ríos. Esta muller, veciña de Lugo, precipitouse ao baleiro polo oco dun montacargas, mentres se atopaba realizando o seu traballo.

Fonte: EUROPA PRESS

 

 

Publicidade

Axenda

<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos eventos