Sara Álvarez do Xacobeo Judo Lugo, prata no Internacional sub-23 de Grecia de judo |
Este ano Sara Álvarez conseguiu unha segunda posición en Atenas no Internacional sub-23 de Grecia de judo, un torneo que no 2008 foi a única competición desta categoría na que non obtivo medalla.
Durante toda a competición Sara aínda que con molestias no xeonllo puido gañar a todas as rivais menos a unha delas, a actual campioa de Europa sub23, a deportista turca que foi esta vez superior a Sara.
Con este resultado acumula os puntos necesarios para participar nos campionatos de Europa Sub20 e sub23. A próxima cita de Sara Álvarez será en categoría Absoluta no mes de xuño en dúas competicións ao máximo nivel mundial: World Cup de Lisboa e World Cup de Madrid, onde terá a oportunidade de demostrar unha vez máis o gran potencial que estivo demostrando a lucense en todas as saídas internacionais nas categorías sub20 e sub 23.
Ademais de Sara Álvarez participaron en Grecia dous galegos: Alejandro Samartín do Judo Club Coruña e Carla Mosquera do Judo Club Shiai ambos da Coruña que lograron a primeira posición nas categorías de -100 e -78 respectivamente. |