Inicio Novas O BOP publica a adxudicación provisional da reurbanización da rúa da Industria

Imprimir Correo-e

O BOP publica a adxudicación provisional da reurbanización da rúa da Industria


O BOP de hoxe, 26 de maio de 2009, publica a adxudicación provisional das obras de reurbanización da rúa da Industria, no polígono industrial do Ceao, que se levará a cabo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais

A empresa “Asogal Construcciones” é a adxudicataria desta obra, unha das máis grandes do FEIL,  que ten un importe de 630.330 euros. A reurbanización da rúa da Industria empregará a 39 persoas, que traballarán en obra pública municipal nos vindeiros meses.

A obra que se ven de adxudicar de xeito provisional, e que hoxe publica o Boletín Oficial da Provincia, é unha das actuacións previstas polo Concello de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais co fin de mellorar e equiparar todas as zonas da cidade, do norte e do sur, e que deben estar rematadas antes de finais deste ano.

O 92% das obras incluidas na memoria de proxectos do FEIL que se executarán no municipio de Lugo, están xa adxudicadas de xeito provisional ou definitivo.


 

Publicidade

Axenda

<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos eventos